Unha cantiga de berce, arrolo ou anaina é unha
canción relaxante de ritmo suave, empregado para facer durmir os nenos.
Practicamente cada cultura musical ten as súas propias formas de
arrolos, adaptadas as súas particularidades musicais.
En occidente a música das cantigas de berce adoitan a ser repetitivas e
de ritmo lento, o que facilita a súa interpretación con abondosas melismas.
En ocasións úsanse melodías que se empregan noutros ámbitos, tirándolle
o cambiándolle a letra. A súa temática é moi variada: a ausencia dos
pais, o medo, as preocupacións e traballos da nai, ... Non era raro
falarlles de cousas que lles asustaban como animais (lobos e outras
feras) ou seres fabulosos. Hai as letras nas que a nai avisa, de xeito
mais ou menos claro, o seu amante que non soba, posto que o marido está
na casa:
As estrofas poden estar previamente definidas ou improvisarse no
momento, normalmente sobre estruturas xa construídas, paralelismos ou
variando outras xa coñecidas. Non ten un ritmo característico nen unha
estrutura ríxida. Dado que a finalidade é durmir o neno, poden repetirse
estrofas ou incluír en ocasións pequenas frases musicais tararexadas
máis curtas ou murmurios suaves, que seguen o ritmo da estrofa
principal.
Créese que os cantos de berce lévanse empregando dende antigo. O arrolo
latino 'Lalla, Lalla, Lalla, aut dormi, aut lacte' (Ou choras ou mamas)
aparece como un escolio de Aulus Persius Flaccus, e pode ser a máis antiga das conservadas. En 1072
o escritorio turco Mahmud al-Kashgari fala dos cantos de berce turcos
chamados 'balubalu' no seu libro 'Dīwānu l-Luġat al-Turk'. Tamén se
especula que o termo inglés lullaby proceda de "Lilith-bye" or "Lilith-Abi" (en hebreo, "Vaite, Lilit"). Segundo a tradición xudía Lilit roubaba os nenos pola noite. Moitos versos medievais que falan do nacemento do neno Xesús pasaron a cultura popular con forma de arrolos.
E ru e ru
Este neno ten soñino,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado,
outro xa non o pode abrir
E ru, e ru
meu corazón
durme, neniño
que aí vén o cocón
Esta neniña ten sono
o soniño non lle vén
vente sono, vente sono
que ela durmir dorme ben
Este neno ten soñino,
ten ganiñas de durmir,
ten un olliño pechado,
outro xa non o pode abrir
E ru, e ru
meu corazón
durme, neniño
que aí vén o cocón
Esta neniña ten sono
o soniño non lle vén
vente sono, vente sono
que ela durmir dorme ben
No hay comentarios:
Publicar un comentario